Cronoloxía de Carlos Casares

 

1941      Nace en Ourense fillo de Francisco Casares Dacal e Manuela  Mouriño. Tres anos despois a familia trasladase a Xinzo de Limia onde seu pai exerce de mestre.

1952      Ingresa no Seminario de Ourense onde durante cinco anos desenvolve os seus estudos que rematará no instituto. No Seminario publica un periódico chamado El Averno.

1959      A raíz de un concurso de relatos breves que gaña, coñece a Vicente Risco co que manterá una gran amizade ata a súa morte e que o introduce nos faladoiros ourensáns.

1961      Inicia a carreira de Filosofía e Letras en Compostela e introdúcese nos grupo de estudantes galeguistas ao redor de Ramón Piñeiro con quen inicia unha relación que será de profunda amizade.

1967      Publica o seu primeiro libro, Vento ferido, un libro de relatos

1968      Principian as súas colaboracións en prensa colaborando en La Región de Ourense ca sección “Con esta lupa”en colaboración co debuxante Siro. Tamén neste ano gaña o primeiro concurso de relatos convocada pola Asociación Cultural “O Facho” con A galiña azul, un conto para nenos.

1969      Publica a primeira novela, Cambio en tres, sobre a emigración. Neste tempo traballa nun colexio en Viana do Bolo no que acaba expedientado e expulsado tras ser acusado de “comunista” e acaba marchando a Bilbao.

1971      Casa con Kristina Berg e realiza para La Región varias reportaxes sobre Suecia, pais do que procede Kristina e que visitará con frecuencia.

1972      Aparece a que será a súa tradución mais coñecida e divulgada, O Principiño de Saint-Exupéry.

Nos próximos anos Carlos Casares afianzase como escritos publicando As laranxas mais laranxas de tódalas laranxas (1973), premio de Teatro Infantíl “O Facho” ; Xoguetes pra un tempo prohibido (1975), premio de Narrativa Galaxia ; Os escuros soños de Clio (1979) ; Ilustrísima (1980); Os mortos daquel verán (1987)… Tamén publica edicións críticas de Aires da miña terra e as Obras completas de Curros Enriquez e biografías de Curros Enriquez, Vicente Risco e Otero Pedraio.

1977      Elixido membro numerario da Real Academia Galega.

1982      Recibe o Premio da Crítica de Galicia por Ilustrísima e sae elixido deputado ao Parlamento de Galicia como “galeguista independente” dentro das listas do PSdeGa-PSOE por Ourense o que lle permite participar activamente na redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística o ano seguinte.

1983      Publica O can Rin e o lobo Crispín que será traducido a varios idiomas.

Nestes anos a obra de Carlos Casares comeza a interesar fora de Galicia aparecendo traducións de Os escuros soños de Clio (1984), Ilustrísima (1986) e Os mortos daquel verán (1987, o mesmo ano da edición en galego). Tamén publica en 1984 un libro de conversas con Anxel Fole

1985      Asume a dirección da Editorial Galaxia a proposta de Ramón Piñeiro

1992      Inicia a colaboración diaria en La Voz de Galicia A marxe” que lle proporciona unha enorme popularidade.

Os anos noventa son de grande actividade. Continua a publicar biografías como as de Anxel Fole, Ramón Piñeiro e Martín Sarmiento e literatura para nenos como a serie de Toribio (Este é Toribio, Toribio e o contador de Contos, Toribio ten unha idea,…) e, de especial relevancia, as novelas Deus sentado nun sillón azul (1996) e O sol do verán (2002) cuxa versión definitiva entregou en vésperas da súa morte e será publicada postumamente.

Estes anos son tamén un tempo de recoñecementos. Recibe premios como o “Fernandez Latorre” en 1993, “Julio Camba” e “Casa dos poetas” (Celanova) en 1995, Premios da Crítica de España e Galicia, Premio Galaxia de Narrativa… e nomeamentos como presidente do Pen Club de Galicia, director da revista Grial, presidente do Consello da Cultura Galega, delegado en Galicia de ACNUR ou director dos cursos de verán da Fundación Camilo J. Cela.

2002      Falece en Vigo o 9 de marzo e neste mesmo ano nace a Fundación Carlos Casares “animada polo espírito que inspirou a vida e a obra do escritor”.