Carlos Casares, tradutor

Unha das facetas da tarefa creadora Carlos Casares é o seu vínculo coa tradución. Por unha banda, como autor do verquido ao galego dalgúns textos senlleiros da literatura infantil, como O principiño de Saint Exúpery. Por outra banda, tamén o seu interese por encher a editorial Galaxia de traducións de obras clásicas de autores estranxeiros que non tiñan, ata o momento, versión na nosa língua. E, por último, deberíamos facer referencia ao interese pola autotradución, sendo responsable das versións en castelán dalgunha das súas propias obras mesmo considerándose, por parte da crítica, novas versións das obras primixenias.   Lemos o artigo da profesora  Iolanda Galanes titulado “El agente de traducción en la recuperación de un sistema cultural: a propósito de Carlos Casares” onde sinala  introdución  en Galicia do devandito  Saint-Exúpery, pero tamén, por exemplo de María Grippe, Perrault o Grimm. A incorporación ao catálogo de Galaxia de autores como Steinbeck ou Balzac, de Flaubert ou Conan Doyle non fan mais que subliñar ese interese por outorgarlle a lingua galega a condición de língua de tradución, ademais de ofertarlles aos lectores potenciais unha variada selección de autores clásicos e contemporáneos.

Unha mostra desto que estamos a falar témolo no fondo da BUSC, sendo estes que amosamos exemplares que temos na Biblioteca Xeral, aínda que  toda a obra de Carlos Casares como tradutor e presente nos nosos fondos pódese ver  na lapela correspondente deste blog.

 

Versión ao galego de “Le petit Prince” de Saint-Exúpery, signatura GA1523 (prema na imaxe para ir ao rexistro no catálogo)

Tradución de “The old man and the sea” de Hemingway realizada por Carlos Casares (prema para ir ao rexistro)

Autotraducións- ou novas versións en castelán- de dúas obras de Carlos Casares: “Los muertos de aquel verano” e “El sol del verano”

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s